A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado manter rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.
Atoparedes esta iniciativa no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

                                        ******
Por outra banda, a editorial PALABRAS ALADAS, especialista en elaborar libros e materiais variados para coñecer, identificar e comprender as emocións que experimentamos cada día, agasállanos cun libro estupendo para ler en familia: AMAR así como a posibilidade de crear  a vosa árbore do amor.
           
Animádevos?