BENVIDOS AO RECUNCHO DE AL

Bo día! Como estades??

Neste recuncho de AL propoñerei unha serie de recomendacións xerais e recursos educativos para facer un pouco máis fácil o tempo indefinido que imos estar en corentena.

Aquí atoparedes actividades varias: actividades para reforzar a memoria, para potenciar a atención, xogos para ampliar o vocabulario, actividades para mellorar a fluidez verbal,  adiviñas, actividades de conciencia fonolóxica, lectoescritura…