EDUCACIÓN
EMOCIONAL
O pasado 2 de maio foi o día mundial contra o acoso
escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares de
Educación Primaria e Secundaria en todo o mundo.
Segundo o
Dr. Javier Miglino, fundador de Bullying Sen Fronteiras: "O bullying é
un inimigo silencioso que se nutre de tres velenos: a soidade, a tristura e o
medo"; e, por outro lado, Rafael Bisquerra, experto en Intelixencia
emocional, di que “unha persoa que se atopa BEN non ten necesidade de
agreder ou molestar a outra”.
Por dita
razón temos que incidir na Educación Emocional como factor preventivo do acoso
escolar e conseguir nenas e menos emocionalmente competentes.
A
continuación, os propoñemos unha serie de cadernos, elaborados polo Equipo de
Conduta de Granada, con actividades para o desenvolvemento emocional en familia.